Buscador

Buscar

Bloques genéricos de información

Inicio » Do teu interese...

Aviso legal

Do teu interese

Responsabilidade do uso do Espazo de Participación Cidadá por parte do usuario da web do Concello do Porriño.

O usuario é o único responsábel das infraccións que poida cometer ou dos prexuízos que poida causar pola utilización deste espazo de participación, e o Concello do Porriño fica exonerado de calquera tipo de responsabilidade que se puidese derivar das accións do usuario.

O usuario é o único responsábel ante calquera reclamación ou acción legal, xudicial ou extraxudicial, iniciada por terceiras persoas contra o Concello do Porriño baseada na incorrecta utilización por parte do usuario da Web. En caso necesario, o usuario asumirá os gastos e as indemnizacións que deriven de posíbeis reclamacións ou accións legais.

Responsabilidade polo funcionamento da Web.

O Concello do Porriño exclúe toda responsabilidade derivada de interferencias, omisións, interrupcións, virus informáticos, fallos telefónicos ou desconexións no funcionamento operativo do sistema electrónico, motivado por causas alleas ao Concello.

Asemade, o titular da Web tamén exclúe calquera responsabilidade derivada por retardos ou bloqueos no funcionamento operativo deste sistema electrónico motivado por deficiencias ou sobrecarga nas liñas telefónicas ou na Internet.

O Concello do Porriño está facultado para suspender temporalmente, sen previo aviso, o acceso ao espazo de Participación Cidadá con motivo de operacións de mantemento, reparación, actualización ou mellora.

Concello do Porriño

Voltar