Condicións Xerais de uso
Do teu interese
As condicións que se detallan deseguido regulan o uso dos servizos do portal da internet do Concello do Porriño que o propio concello pon a disposición da cidadanía e as empresas.
A través do portal, facilítase o acceso e a utilización de determinados servizos e contidos postos a disposición dos usuarios polas administracións públicas e terceiros. Neste sentido, o Concello do Porriño pon a disposición dos usuarios unha canle de comunicación que permite lles permite comunicarse, interactuar e facer transaccións coas administracións públicas a través do portal. Ademais proporciona aos usuarios un centro de atención telefónica que permite canalizar determinadas solicitudes e comunicacións dirixidas ás administracións públicas.
O Concello do Porriño resérvase o dereito de modificar, en calquera momento e sen previo aviso, a presentación e a configuración do portal, así coma os servizos ofertados e as condicións nas que estes se oferezan.
O acceso e a utilización do portal presupoñen a previa lectura e aceptación por parte do usuario das presentes condicións de uso publicadas no portal. Dito acceso e utilización do portal implica aceptación expresa, plena e sen reservas por parte do usuario do contido de todas e cada unha das condicións de uso na versión publicada no portal no momento do acceso. No caso contrario, se absterá de acceder aos seus contidos e facer uso dos seus servizos.
O Concello do Porriño velará:
- Pola privacidade e a seguridade da utilización do portal e dos seus servizos.
- Pola veracidade dos contidos dispoñíbeis.
- Para que o sistema informático e os documentos electrónicos e ficheiros acumulados no seu sistema informático non conteñan virus ou outros elementos nocivos.
O Concello do Porriño non será responsábel de posíbeis danos e prexuízos que se poidan derivar das interferencias, omisións, interrupcións, virus informáticos, avarías telefónicas ou desconexións no funcionamento operativo deste sistema electrónico, motivadas por causas alleas ao Concello, nin do uso indebido do portal e dos seus contidos por parte dos usuarios.
O Concello do Porriño non garante, de ningún xeito, a correcta prestación dos produtos ou servizos ofertados aos usuarios, por terceiros alleos ao mesmo, a través do portal.
Do mesmo xeito o Concello do Porriño non se responsabiliza do cumprimento por parte destes terceiros da normativa vixente, nin de calquera dano ou prexuízo que poida sufrir o usuario como consecuencia de erros, eivas e omisións na información facilitada polo portal que proveña de fontes externas.
Voltar