Buscador

Buscar

Bloques genéricos de información

Inicio » Cultura e Festexos » Do teu interese...

Cultura e Festexos

Do teu interese

Festas do Concello do Porriño

  • 5 XANEIRO: CABALGATA DE REIS
  • DOMINGO XANEIRO – ENCONTRO DE RONDALLAS
  • FEBREIRO: ENTROIDO
  • 3 FEBREIRO: SAN BLAS. BUDIÑO
  • 27-28 FEBREIRO: SAN ROSENDO. TORNEIROS
  • MARZO: FEIRA APÍCOLA DAS RÍAS BAIXAS
  • 30 ABRIL: FESTA DOS MAIOS. O PORRIÑO
  • DOMINGO MAIO: FESTA DO CRISTO DOS CACHOS (CRISTO DOS AFLIXIDOS)
  • 8 MAIO: SERÁN DE SAN BENITO. O PORRIÑO
  • 17 MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS
  • 23 MAIO: SAN DIEGO. MOSENDE
  • FINAIS DE MAIO: FESTIVAL DE CANS (COINCIDINDO CO FESTIVAL DE CANNES)
  • 6 XUÑO: CORPUS CHRISTI
  • 13 XUÑO: A XUNTANZA. TORNEIROS
  • 23 XUÑO: NOITE DE SAN XOÁN
  • 5 XULLO: SANTA LEOCADIA. MOSENDE
  • 11 XULLO: SAN BENITO. O PORRIÑO
  • 16 XULLO: SANTA CARMEN. CANS
  • 18 XULLO: SAN CAMPIO. PONTELLAS
  • 1 AGOSTO: SAN BENITO. ATIOS
  • PRIMER DOMINGO DE AGOSTO: FESTA DO CABRITO O ESPETO
  • 8 AGOSTO: SAN SALVADOR. BUDIÑO
  • 8 AGOSTO: SAN PAIO. PONTELLAS
  • 15 AGOSTO: AGUÍA. ATIOS
  • 16 AGOSTO: SAN ROQUE. TORNEIROS
  • 21-22 AGOSTO: SAN SEBASTIÁN. O PORRIÑO
  • 22 AGOSTO: NENO XESÚS. CHENLO
  • 5 SETEMBRO: OS MILAGRES. CARRACIDO
  • 12 SETEMBRO: ROMERÍA DA RISCA. O PORRIÑO
  • 25-26-27 SETEMBRO: FESTAS DO CRISTO. O PORRIÑO
  • 3 OUTUBRO: FESTA DOS CALLOS. O PORRIÑO
  • 6 NOVEMBRO: FESTA DO CALACÚ. O PORRIÑO
  • 26 DECEMBRO: SAN ESTEVO. CANS
  • DECEMBRO: NADAL


As festas que se levan a cabo no Concello do Porriño se caracterizan polo importante número de persoas que se achegan á localidade para desfrutar con tódolos veciños/as das actividades, de calidade, das que poden formar parte e gozar: concertos, verbenas, actividades para os mais cativos ...

Tódalas festas nomeadas teñen sona, dende as parroquias como é o caso da festa do Cabrito o Espeto de Chenlo, que na súa última edición contou con máis de 2000 persoas e máis de 100 cabritos para degustar; a festa de San Blas de Budiño, co defile característico dos ramos e as espadanas ornamentais; a de San Estevo de Cans, na que o veciño/a organizador implícase ao máximo convidando a todo aquel que se achegue á parroquia de Cans; ou tamén a de Atios, percorrendo na procesión o Vía Crucis centenario. Todas elas teñen algunha característica especial que a fai diferente ao resto, é por isto polo que podemos dicir que non hai unha mais importante ca outra.

Por outra banda están aquelas festas de barrio que se realizan no casco urbán do concello, nos barrios de: San Benito onde non pode faltar a popular subasta ou poxa de obxectos, San Sebastián coa tradicional queima de castelos decorativos, a do Cristo dos Cachos onde tódolos asistentes poden degustar os cachos ou centolos, a Festa do Calacú onde os mais novos poden decorar o seu calacú... Estas festas de barrio nos mostran o bo facer e a familiaridade e unión da veciñanza, de tal modo que O Porriño non perda as súas raices e o seu caracter de pobo.

Despois de enumerar tódalas festas que se realizan no Concello do Porriño cabe destacar aquelas que se enmarcan no núcleo do concello e que corresponden con datas sinaladas, como son: O Nadal, O Entroido, San Benito e As Festas do Cristo.

No Nadal non faltan os Encontros de Corais, as cantareiras co seu repertorio de panxoliñas, o Papa Noel percorrendo as rúas repartindo caramelos aos mais cativos e os que non o son tanto, non pode faltar o Encontro de Rondallas donde todo o pobo se achega ao pavillón municipal para desfrutar da magnífica posta en escena de cada agrupación e facer a súa propia valoración, e como non a tan esperada Cabalgata das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente, percorren a vila nos seus carruaxes maxestuosos cheos de luces, repartindo ilusión para todo aquel que se achega a contemplar o desfile.

Dunha festa tan relixiosa coma é o Nadal pasamos a outra de caracter pagano O Entroido, esta se caracteriza pola diversión que desprende, sobre todo no desfile de comparsas, numerosas asociacións ou grupos de amigos forman comparsas orixinais que participan no desfile que organiza o concello, percorrendo as rúas disfrazados, bailando, cantando as coplas e amosando a súa ledicia. O tradicional Xogo da Ola é unha cita obrigada o sábado de Entroido, e o mércores o Enterro da Sardiña amosa a sátira con ese caracter fúnebre a través da lectura do testamento, as derradeiras vontades e finalmente a queima da sardiña, que indica o fin de festa.

O día 11 de xullo é festividade local no concello do Porriño o día de San Benito xa nomeada nas festas de barrio.

No mes de setembro celébranse as festas patronais do pobo por excelencia, as Festas do Santísimo Cristo da Agonía. O concello tenta facer actividades de todo tipo de tal forma que poidan participar tódolos cidadáns de tódalas idades, animación de rúa, charangas, xogos infantís, teatro, festival graffiti-hip hop, concertos pop-rock, concertos de bandas de música, orquestras, actos relixiosos, actividades deportivas... Ofrécese un programa amplo e completo, recibindo a súa vez unha resposta mais que positiva por parte da numerosa asistencia a tódalas actividades.
É o fin de semana seguinte cando se celebra o chamado “Recristo” e a tan popular Festa Gastronómica dos Callos que neste ano 2010 vai pola XVII edición, sírvense na localidade unhas 15.000 racións de tan suculento prato, elaborado con garbanzos, callos, pata de tenreira e chourizos. Réndese culto así o típico prato de callos que todo aquel comensal que se achegue ao Porriño está deseando degustar.

Estades todos convidados a participar e celebrar con nos as festas do Concello do Porriño.

Se o desexar pode avaliar este contido

Avaliación: 6

Votos: 25

Voltar

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia de navegación. Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. Más información

Aceptar y cerrar