						<description><![CDATA[O alcalde Nelson Santos e a concelleira de Economía e Facenda Iria Lorenzo  presentaron un avance do resultado económico do pasado exercicio no que  se rexistrou un resultado presupuestario positivo de máis de 2,5  millóns de euros e un remanente de Tesourería de máis de 3 millóns de  euros, cun endeudamiento do 27,9% moi lonxe do límite establecido do  110% para as entidades locais
Así mesmo, aseguraron que se deu cumprimento ao plan de axuste cun ano  de adianto e que o 97% das facturas anteriores ao 31 de decembro de 2012  xa foron abonadas
Santos explicou que estes resultados positivos son froito da política de  contención e redución do gasto que levou a cabo este equipo de Goberno  desde a súa entrada á fronte do Concello e sen que iso supuxese a subida  de ningunha taxa municipal no ano 2012
O Porriño, 20 de febreiro de 2013.- O Concello de Porriño rexistrou á  pechadura de 2012 un resultado presupuestario positivo, cun superávit de  máis de 2,5 millóns de euros. Este foi o dato principal exposto polo  alcalde Nelson Santos e a concelleira de Economía e Facenda Iria Lorenzo  esta mañá nunha roda de prensa na que se deu a coñecer un avance do  resultado económico do Concello no exercicio de 2012. No acto, no que  tamén estivo presente o interventor municipal, o rexedor local asegurou  que "este é o mellor dato e máis alto rexistrado ata o momento, do mesmo  xeito que a cifra de remanente de Tesourería, que supera os 3 millóns de  euros". Neste sentido, a concejala destacou que "aínda que no exercicio  correspondente a 2011 alcanzouse un remanente de Tesourería de 670.000  euros, nesta ocasión superáronse as previsións excedendo os 3 millóns,  cifra nunca antes alcanzada en Porriño". E todo iso cumprindo  estrictamente coas pertinentes esixencias contempladas na lei de  estabilidade orzamentaria.
Conxuntamente co resultado presupuestario positivo presentouse a débeda  total que supón 4,6 millóns de euros, o que representa tan só o 27,9%  respecto ao ingreso total das contas. Neste aspecto, o alcalde recordou  que o límite de endeudamiento dos concellos sitúase no 110%, "unha cifra  moi afastada á rexistrada en Porriño". Desglosando o endeudamiento, 2,2  millóns correspóndense con débeda bancaria, 1,9 millóns con débeda do  plan de pagos ICO e 0,5 millóns euros de devolución de tributos do  estado dos anos 2008 e 2009.
Santos mostrouse satisfeito destes resultados máis aínda tendo en conta a  difícil situación económica actual. "Estamos ante uns resultados  conseguidos grazas ao esforzo dun equipo de Goberno que vela polo pobo  de Porriño e os intereses dos porriñeses; uns resultados da xestión  económica municipal froito da política de contención e redución do gasto  que levou a cabo este Goberno desde a súa entrada á fronte do Concello e  sen que iso supuxese a subida de ningunha taxa municipal ao longo do  último ano", aseguraba o alcalde. 
A concelleira anunciou tamén que "se deu cumprimento ao plan de axuste  presentado e aprobado no seu día polo Ministerio de Facenda e  Administracións Públicas con prácticamente un ano de adianto, é dicir,  que a día de hoxe xa cumprimos co que deberiamos cumprir nos primeiros  dous anos". Así mesmo, Lorenzo asegurou que o 97% das facturas a  proveedores con data anterior ao 31 de decembro de 2012 xa foron  abonadas. ]]></description>