Protección de datos
Do teu interese
A visita ao dominio concellodoporrino.net efectúase de forma anónima.
Soamente para poder acceder a algún dos servizos da web que dispoñan de xestión ou dun trámite específico, os usuarios subministrarán os datos persoais imprescindíbeis para a prestación do servizo solicitado.
Estes datos incorporaranse aos correspondentes ficheiros informatizados do Concello do Porriño e serán tratados de conformidade coa regulación establecida pola Lei Orgánica 15/1.999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais disposicións de aplicación.
Os datos solicitados unicamente serán obxecto de cesión, no seu caso, previo consentimento do interesado ou de acordo co previsto na citada Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal.
As persoas cuxos datos persoais consten nun ficheiro informatizado do Concello do Porriño poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, na forma prevista na Lei, ante o órgano responsábel do ficheiro, no seguinte enderezo:
Concello do Porriño, R/ Antonio Palacios s/n
36400 O Porriño (Pontevedra)