Urbanismo e Infraestruturas
Do teu interese
Información urbanística
O municipio de Porriño está situado na zona Sur da provincia de Pontevedra e as súas coordenadas
xeográficas quedan comprendidas entre os 42º 0,6´ e 42º 11´ latitude Norte e 4º 54´ e 5º 0,2´
lonxitude Oeste.
Ten unha extensión superficial de 6.131 hectáreas quedando limitado o seu perímetro polos
municipios de Mos, Ponteareas, Salceda de Caselas, Tuy, Gondomar e Vigo. A súa localización sitúao
como centro dun amplo radio xeográfico intercomarcal atravesado pola fosa meridiana que vai de
Padrón a Tui, e que ao seu paso por Porriño forma un corredor de terras chairas en dirección
Norte-Sur polo cal transcorre o Río Louro.
A altitude media do municipio non supera o 50 m. sobre o nivel do mar. Pódense apreciar tres
zonas perfectamente diferenciadas en relación co relevo. A zona central pola que transcorre o Río
Louro está formada por terras chairas que non superan o 25 m. de altura. A zona Este elévase
progresivamente cara ao límite dos municipios de Puenteareas e Salceda de Caselas. Nesta zona as
alturas máximas alcanzan cotas de 450, 396 e 328 m., destacando entre as mesmas as denominadas
Penedo Coruncho, Faro de Budiño, Curvos, Pedra que Fala e Castelo de Cans. A terceira zona
corresponde á beira Oeste do Municipio lindante cos municipios de Mos, Vigo e Gondomar. As alturas
máximas atópanse situadas na Serra do Galiñeiro con cotas de 702, 648 e 565 metros.
O municipio de Porriño está bañado polo Río Louro que o atravesa de Norte a Sur, formando a
unidade geomorfológica fundamental do mesmo. Nace en Pazos de Borbén e ten unha lonxitude de 31 Km.
até desembocar no Miño. O percorrido que fai ao longo do municipio de Porriño é de 8,5 Km.
Actualmente o plan de ordeación en vigor foi aprobado en sesion plenaria por maioria absoluta
no mes de xunio do 2003 entrando en vigor no mes de outubro do mesmo ano. O plan permitiu un
desenvolvemento urbanístico moi importante coa construccion de moitas vivendas o largo dos ultimos
7 anos. Nestos momentos esta en marcha un estudo para a posible adaptacion a lexislacion actual e
correcións dos distintos ambitos do planeamento urbanistico.
Podese consultar máis información na corresponde
páxina da Xunta.
Se o desexar pode avaliar este contido
Avaliación: 3
Votos: 30