O equipo cadete feminino do Balonmano Porriño recibe a visita do alcalde
Nelson Santos animou a este grupo de mozos que disputará esta tempada 2012/13 na División de
Honra da Liga Autonómica
O Porriño, 27 de xullo de 2013.- A pasada tempada as integrantes do equipo cadete feminino
do Balonmano Porriño lograron participar, por primeira vez, no sector clasificatorio para o
Campionato de España, para este ano, este e outros moitos retos son os marcados polo club. As mozas
xa comezaron os adestramentos no polideportivo municipal e precisamente, a unha das sesións
matinais asistiu o alcalde do Concello de Porriño Nelson Santos quen estivo con todo o grupo,
encabezado polos adestradores Abel Estévez, Ismael Martínez e Gerardo Carrera, charlando e
intercambiando impresións, á vez que lles deu ánimos para afrontar a nova tempada.
O equipo cadete disputará esta tempada 2012/13 na División de Honra da Liga Autonómica, da
cal o pasado ano foi subcampión ocupando o segundo posto da táboa.
Nelson Santos felicita a María Castro Tobío, tataravoa centenaria de Porriño
Con 7 fillos, 19 netos, 20 bisnetos e un tataraneto esta porriñesa traballou recollendo
carbonilla da vía do tren, carrexando auga para unha fábrica de gaseosas e limpando casas
particulares, á vez que sacaba tempo para a maior das súas afeccións: o cine. María asegura non
estar nunca doente, é autosuficiente e ata fai uns meses vivía soa nun terceiro piso sen ascensor
O Goberno local recibiu á cumpleañera e aos seus descendentes na Casa Consistorial en
recoñecemento e admiración á súa traxectoria. A familia celebrarao mañá cunha comida
Nelson Santos asiste á primeira misa oficiada polo porriñés Manuel González Domínguez
O alcalde do Concello de Porriño desprazouse a Palencia cun grupo de veciños para asistir á
primeira misa deste mozo de 23 anos que foi ordenado sacerdote o pasado 31 de xuño e que dará
A igrexa de Santa María de Porriño acollerá mañá venres, ás 20.30 horas, unha misa oficiada
por este sacerdote
O Porriño, 25 de xullo de 2013.- O alcalde do Concello de Porriño Nelson Santos viaxou
xunto a un grupo de 15 porriñeses a Palencia o pasado día 6 de xullo para asistir á primeira misa
oficiada por Manuel González Domínguez. Este mozo de 23 anos, de nai natural da vila do Louro e pai
palentino, foi ordenado sacerdote na Catedral de Toledo o día 31 de xuño.
Agora, vén de visita a Porriño e aproveitará a ocasión para oficiar unha misa no seu pobo
natal. Será mañá venres, 26 de xullo, na Igrexa de Santa María ás 20.30 horas.
Concello de Porriño e Xunta de Galicia executan o saneamento da zona industrial da Casilla-Atios e o soterramento da liña eléctrica na rúa Fernández Areal
Nelson Santos visita ao Club Ribex nos seus primeiros adestramentos da tempada
O alcalde felicitou a este grupo de patinadores polos éxitos logrados este ano desexándolle
moitas máis vitorias e conquistas